Romaria do Cruceiro de Moldes

Celebrarase nun lugar significativo por crenzas relixiosas do alén dende os tempos prehistóricos até o cristianismo. Como indican a necrópole de mámoas datadas no Megalítico presididas polo cruceiro desta Virxe, o cal está de camiño ao miradoiro da Curota, o cal está de camiño ao miradoiro da Curota.
Dentro dos atractivos de esta cita indicar que asistimos a unha festa xurdida para festexar a imaxe dun fermoso cruceiro de capeliña, de finais do século XVI ou comezos do XVII, debuxado por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no seu libro “As cruces de pedra na Galiza”.
Trátase dunha das romaxes con máis popularidade da comarca do Barbanza pois xa en séculos pasados celebrábase. Ademais da misa campesiña, que será ás 13:00 horas, son habituais os postos de venta de doces, como as rosquillas e tortas de anís, os xogos e as alegrías propiciadas pola música galega.
Ata ben pouco e hoxe máis ocasionalmente, entre os exvotos ofrecidos a esta Virxe Nai, era tradición ofrecerlle: as primeiras espigas de millo, ovos de man das mozas que agardaban parella, trenzas daquelas outras que procuraban descendencia, velas e ramos de agradecemento.
Mais información na páxina de Facebook Turismo A Pobra do Caramiñal.