Romaría do Pote

Unha vez máis concidindo co último domingo de agosto, celébrase a Romaría do Pote, unha festa para toda a familia, con xogos, gastronomía e música.
Ferrolterra e Eume » Fene
25 Agosto
11:00

Como cada ano en Maniños, coincidindo co último domingo de agosto celébrase a Romaría do Pote. A celebración comezará as 11 da mañá con xogos populares para grandes e pequenos. As 12h as gaitas comezarán a soar de man do grupo de gaitas "No Combarro". As 13:30h chega o turno da gastronomia, cunha degustación de mexillóns, que dará paso o pregón que este ano corre a conta de Dani Ríos ás 14h. As 15:30 comeza o xantar popular. A música das gaitas estará presente durante toda a tarde. Pola noite, continuará a boa música con Mekanika Rolling Band, Leilia, Blues do Pais e a Orquestra Ceniza.

Galego