Roteiro a pé por Cabanas de 8 kms. o 27 de agosto (10:30h.)

O Concello de Cabanas, dende a área de deporte, ten programada unha ruta para o sábado 27 de agosto, con saída ás 10:30 horas dende a Igrexa de San Martiño do Porto.
Trátase dunha ruta circular, facendo un percorrido de 8 quilómetros, cun desnivel de subida sobre 250 metros, polo que a súa dificultade será moderada, cun trazado con continuas subidas e baixadas pero sen pasos técnicos. A duración aproximada será dunhas 3 horas (13:30 h.), e no percorrido veranse varios dos muíños situados na parroquia de Porto, así como a Igrexa de Porto e capela do Pudrical. Tamén se verán carballos e castiñeiros de gran porte e elementos da arquitectura do rural de Cabanas
O prazo de inscrición comezará o mercores 17 de agosto e rematará o xoves 25 de agosto de 2022. Poden inscribirse enviando un correo electrónico a deporte@cabanas.gal indicando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, data de nacemento (día/mes/ano), número de teléfono e localidade de procedencia.
Recoméndase levar roupa e calzado adecuados (botas ou zapatillas de montaña con taco) e bastóns, así como auga e algo para picar. Ademais, recórdase que toda actividade física require dun mínimo de preparación e estar exentos de patoloxías médicas que desaconsellen esta actividade deportiva.
Máis info en cabanas.gal