Roteiro senderismo pola costa de Cabanas

Ferrolterra e Eume » Cabanas
31 Xullo
10:00

O Concello de Cabanas, a través da área de deportes, organiza un roteiro para o sábado 31 de xullo, con saída ás 10h desde a Oficina de Información e Turismo do Areal. Trátase do roteiro dos cantís, que percorrerá o treito costeiro de Cabanas e continuará até a localidade mariñeira de Redes, no concello de Ares.

Son 10 km. de percorrido de dificultade baixa onde se poderán disfrutar puntos de interese, como praias, muíños ou as diferentes perspectivas das vistas da ría de Ares.

As persoas interesadas en participar deben realizar inscrición previa até o martes 27 de xullo, incluído. Para facelo, é preciso enviar un correo electrónico a deporte@cabanas.gal, indicando os nomes e apelidos, DNI e data de nacemento das persoas interesadas na actividade.

Dacordo coas restricións sanitarias establecidas, o grupo estará formado por un máximo de 20 persoas, ademais do monitor, polo que se seguirá unha rigorosa orde de inscrición para a asignación das prazas. Ademáis, para a realización do roteiro, lémbrase a necesidade de levar roupa e calzado cómodo, así como contar con certa preparación física que permita levar a cabo esta actividade.

Galego