Roteiros saudables: Senda litoral de Taragoña

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros saudables, que se van levar a cabo nesta tempada 2018.
O vindeiro mércores, 1 de agosto, terá lugar o primeiro destes roteiros: a Senda litoral de Taragoña. Para participar, cómpre anotarse no Museo do Mar de Rianxo ou nos teléfonos 881 863 268 // 604 023 753.
Partiremos da praia da Torre, do lugar onde se atopaba unha antiga fábrica de frotadores de bateas, e a poucos metros do Castelo da Lúa e a desembocadura do río Té. Non perdades a ocasión de coñecer o litoral taragoñés, con vistas ao esteiro do río Beluso, e a parte da serra do Barbanza, pasando ademais polo porto de Taragoña. Vexetación variada e pequenas calas acompañarannos no percorrido.
Consulta as novas do Concello de Rianxo, a información turística municipal e sigue a nosa páxina de facebook Turismo Rianxo.
Rianxo, o mar feito tradición.