Roteiros turísticos: Roteiro das Trece Cruces

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros turísticos, que se van levar a cabo nesta tempada 2018.
O segundo destes roteiros terá lugar o xoves, 9 de agosto: o Roteiro das Trece Cruces. Para participar, cómpre anotarse nos puntos de información turística.
Partiremos de Quintáns (Isorna - Rianxo), de diante da escola unitaria de Quintáns. Aproveitade a ocasión para coñecer connosco esta zona da desembocadura do río Ulla, onde se forma a ría de Arousa, con vistas aos concellos pontevedreses de Catoira e Vilagarcía ou á illa de Cortegada, do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Os sendeiros e as corredoiras guiarannos ata a punta das Trece Cruces, acompañados por vexetación tanto autóctona coma foránea.
- Data: xoves, 9 de agosto.
- Hora de saída: 18:30 h.
- Punto de encontro: escola unitaria de Quintáns (Isorna), (42.667814, -8.741037).
- Duración: 2 horas aprox.
- Distancia: 6 Km aprox.
- Dificultade: fácil.
Consulta as novas do concello, a información turística municipal e sigue a nosa páxina de facebook Turismo Rianxo.
Rianxo, o mar feito tradición.