Ruta guiada polo centro histórico da Pobra do Caramiñal

A actividade desenvolverase o martes 27 de marzo ás 12:00 h
Ría de Arousa Norte » A Pobra do Caramiñal
27 Marzo
A Pobra do Caramiñal
12:00

Un atractivo percorrido guiaranos a ver os edificios históricos e monumentos da vila. Terá unha duración aproximada dunha hora e media, e unha dificultade baixa. 

É preciso facelo previa inscrición, aportando 3 € por persoa, no punto de información turística que está situado no Museo Valle-Inclán, de martes a sábado, en horario de mañá, de 11:00 ás 14:00 h e de tarde dende as 17:00 ás 19:00 h. Son prazas limitadas.

É unha iniciativa da Concellería de Turismo da Pobra do Caramiñal.