Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla en catamarán

O Domingo 19 de maio sairá da Pobra do Caramiñal un catamarán para navegar por parte da Ruta Xacobea marítimo-fluvial do Mar de Arousa e Río Ulla, a cal conmemora o traslado do apóstolo Santiago dende Palestina ata Iria Flavia.
É unha ruta de gran riqueza paisaxística e cultural. No seu transcurso polo río Ulla verase a costa de ámbolos lados da ría da Arousa: Boiro, Vilagarcía de Arousa, Rianxo, Catoira e Pontecesures; praias, calas, cabos, enseadas, pontes, os cruceiros que pertencen o único viacrucis marítimo-fluvial do mundo, as Torres do Oeste, ata chegar ó lugar onde reza “Hic fuit corpus Beati Jacobi” (aquí estivo o corpo do apóstolo Santiago). Unha experiencia única!
Máis información no Facebook Turismo A Pobra do Caramiñal ou tamén a través da web do concello.