Rutas Guiadas ao Monte Pindo
O olimpo celta ten unha recompensa para os sendeiristas: as mellores vistas da zona

Costa da Morte » Dumbría
03 Xullo a 27 Setembro
En xullo, agosto e setembro, a área de Turismo do Concello de Dumbría oferta a posibilidade de realizar rutas guiadas polo Monte Pindo, coñecido popularmente como o olimpo celta da Costa da Morte. Rutas que se desenvolven os martes e xoves previa inscrición e de balde.
Toda unha experiencia para os amantes da natureza, do deporte e da cultura local na que gozarán dunha xornada co señor Pepe do Fieiro, o mellor coñecedor do Monte Pindo. Un persoeiro curioso que cos seus 83 anos é unha memoria viva e moi dinámica.
Só tes que vir para descubrilo!
+INFO: Oficina de Turismo do Ézaro, Centro de Interpretación de Rutas (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro ou no 662 346 927.
#DumbríaéDeporte #DumbríaéTurismo #DumbríaéÚnica
Galego