Rutas guiadas de balde pola Costa de Dexo- Serantes

O Concello de Oleiros oferta rutas guiadas de balde polo Monumento Natural Costa de Dexo- Serantes durante os meses de verán
A Coruña e As Mariñas » Oleiros
03 Xullo a 30 Setembro
Costa de Dexo- Serantes

Durante os meses de verán, todo aquel que queira coñecer a Costa de Dexo- Serantes poderá facelo da man dun guía que mostrará os valores naturais, culturais e etnográficos de este fermoso espazo natural. As rutas, aptas para todos os públicos, terán lugar os mércores e domingos dos meses de xullo, agosto e setembro cunha duración aproximada de tres horas.

Os interesados en apuntarse deberán reservar a súa praza chamando ao teléfono 981.618.154.