Rutas guiadas interpretativas polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

A Aula do Mar ofertará rutas guiadas de balde polo Monumento Natural Costa de Dexo- Serantes durante os meses de verán.
Rutas guiadas Costa de Dexo
As Mariñas » Oleiros
02 Xullo a 15 Setembro

A “Aula do Mar”, antiga casa do fareiro situada entre os faros de Mera, onde se atopa o Centro de Recepción de Visitantes e Centro de Interpretación do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes, retomará a partir deste vindeiro sábado 2 de xullo o servizo de rutas guiadas interpretativas polo espazo natural protexido. 

Trátase dun servizo de balde e con prazas limitadas, mediante o cal aquelas persoas que o desexen poderán coñecer diferentes tramos da Costa de Dexo-Serantes acompañadas dunha guía que lles amosará os valores naturais, culturais e etnográficos deste fermoso tramo de costa. Durante os meses de xullo, agosto e setembro as rutas terán lugar os xoves e os sábados ás 10:30h.

As persoas interesadas poden solicitar máis información, así como inscribirse chamando ao teléfono da Aula do Mar (981 618 154) no horario de atención ao público do centro (de luns a domingos: 10:00h-14:00h/16:00h-19:30h).

 

Galego