Rutas guiadas no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

Dende o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán púxose en marcha un servizo de rutas guiadas para este verán 2020.
Barbanza-Arousa » Ribeira
02 Xullo a 31 Agosto

O Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán organiza para este verán 2020 rutas guiadas de balde que se realizan de martes a domingo ás 11.30. As prazas para esta actividade son limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente.

Mais información e inscricións no teléfono 981878532 ou acudindo ao presencialmente ao Centro de Recepción de Visitantes. O horario de atención ao público tanto neste centro como no CIELGA (Centro de Interpretación dos Ecosistemas do Litoral de Galicia) é de martes a domingo de 10:30h - 14:00h e de 16:00h - 19:30h.

Galego