Samaín
Achégase a noite máis feiticeira de Touro

Terras de Santiago » Touro
31 Outubro
17:00
Grandes e pequenos, deste mundo ou do outro, todos teñen unha cita para gozar dunha xornada festeira en Touro. Comezará cedo, desde as cinco da tarde na Casa da Cultura, e levaranse a cabo diversas actividades para os máis cativos: obradoiros de maquillaxe, contacontos meigos, a música máis feiticeira e sorprendentes xogos.
Xa postos en situación, á noitiña, os seres máis variados desfilarán polas rúas principais de Fonte Díaz, deixando pampos a propios e estraños nesta máxica velada que terminará cunha gran chocolatada. E como non podía ser doutro xeito, os non tan novos, conxurarán a noite coa tradicional queimada.
Galego