Samain
Grandes e pequenos, deste mundo ou do outro, todos teñen unha cita para gozar dunha xornada festeira en Touro.

Terras de Santiago » Touro
31 Outubro
17:00
Este é o segundo ano que celebramos en Touro a festa máis terrorífica do ano pensando nos máis pequenos da casa. Empezamos ás 17.00 horas na Casa da Cultura con obradoiros de maquillaxe, animacións e disco-móbil e a partir das 20.00 horas partiremos nun gran desfile quitamedos e acabaremos cunha chocolatada resucitadora sempre ao compás da música máis feiticeira.
Ven disfrazado!
Máis información en:
http://www.concellodetouro.com/index.php/es/noticias/1524:samain-2018
Galego