Segunda conferencia do ciclo "Monografías do Allo"

O pazo das Torres do Allo contará coa presenza do Doutor e Catedrático de Bioloxía e Xeoloxía, Xosé Antón Fraga Vázquez, experto en cultura científica galega.
"Monografías do Allo"
Costa da Morte » Zas
21 Outubro
17:00

"A actividade científica do naturalista Víctor López Seoane, señor do pazo das Torres do Allo na fin do século XIX" será a segunda conferencia do ciclo "Monografías do Allo". Nesta sesión tratarase o labor científico realizado polo que foi un dos propietarios máis destacados do inmoble, que mesmo se di que chegou a cartearse con Charles Darwin. A partir das 17:00h, o sábado 21 de outubro, no considerado primeiro pazo de Galicia, falarase de ciencia da man de X. A. Fraga Vázquez, gran especialista na materia, autor de máis de cen publicacións en revistas especializadas sobre diversos aspectos do ensino, historia, cultura e divulgación científica. Ao rematar, o poñente ofrecerá aos asistentes unha visita guiada pola contorna do edificio.

Todas aquelas persoas interesadas en acudir, teñen unha cita, de balde, nas Torres do Allo, ou se o prefiren tamén poderán anotarse no correo electrónico info@torresdoallo.gal

Máis información aquí

Galego