SEMANA DAS PEPITAS 2020

A Semana das Pepitas de Ferrol, Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase este ano entre os días 5 e 14 do mes de Marzo.
Programa de eventos da Semana das Pepitas 2020
Ferrolterra e Eume » Ferrol
05 Marzo a 14 Marzo

A Semana das Pepitas, Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase a semana do 5 ao 14 de Marzo. Dende 1903, na véspera do día festivo de San Xosé, as Rondallas de Ferrol reúnense. Estas son bandas musicais de corda ataviadas traxes similares aos dos tunos cantando os encantos da muller de Ferrol.

A programación do evento para este ano é a seguinte:

Xoves 5 de Marzo ás 20:00h. Presentación dos carteis e Festa das Pepitas coa actuación da rondalla "Bohemios" no centro Torrente Ballester.
Mércores 11 de Marzo ás 20:00h. Actuación de tódalas rondallas participantes no evento no local da asociación de A Cabana.
Sábado 14 de Marzo ás 20:00h. Actuación das rondallas de Ferrol na Igrexa do Socorro.

Galego