Semana Santa

Do 23 de marzo ao 1 de abril sucédense as celebracións relixiosas na Pobra do Caramiñal
Barbanza-Arousa » A Pobra do Caramiñal
23 Marzo a 01 Abril

A Pobra do Caramiñal, vila histórica de Galicia, conmemorará a Semana Santa como ven sendo tradición nas diferentes parroquias, especialmente nas céntricas: Santa Mª a Antiga do Caramiñal e Santiago do Deán.

Dende o venres 23 de marzo ao domingo 1 de abril as rúas engalaranse de procesións:

Venres das Dores - 23 de marzo ás 21:00 h: Procesión da Virxe das Dores.

Sábado de Paixón - 24 de marzo ás 20:30 h: Concerto da banda de música Ateneo Musical, da Pobra do Caramiñal, na igrexa de Santa Mª a Antiga do Caramiñal.

Domingo de Ramos - 25 de marzo as 11:30 h e ás 12:00 h: Procesións de Ramos.

Xoves Santo - 29 de marzo ás 19:00 h haberá procesión dende a igrexa do Caramiñal, e a partir das 19:30 h procesión do “Bico de Xudas e a Sentencia”.

Venres Santo - 30 de marzo ás 11:00 h haberá procesión do “Encontro”, a partir das 19:30 h procesión do “Santo Enterro” e ás 23:00 h, procesión dos “Caladiños”.

Sábado Santo - 31 de marzo ás 21:15 h: Procesión da “Soidade”.

Ademais, durante estes días estaráse a celebrar “A nosa feira”, unha feira situada nos xardíns Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, na que haberá exposición e venda de produtos artesáns, coiro, fotografías… e espectáculos da danza do ventre ou de lume. Atopará máis información na páxina de Facebook.

Se precisa saber máis detalles da programación, pódenos solicitar información enviándonos un e-mail a turismo@apobra.gal ou chamándonos ao 671 090 262 ou ao 687 482 835. También queremos compartir un artículo útil sobre la compra de acciones en España para principiantes. Será útil para aquellos que quieran comenzar a invertir hoy.

 

 

Galego