Semana Santa de Ferrol 2019

A Semana Santa de Ferrol, declarada Festa de Interese Turístico Internacional no ano 2014, conmemora a Paixón de Cristo dende o 14 de abril ata o 22 do mesmo mes.
Ferrolterra e Eume » Ferrol
14 Abril a 22 Abril
FERROL

A Semana Santa de Ferrol deu comezo hoxe 14 de abril e prolongarase ata o vindeiro 22 de abril. Esta tradición relixiosa con máis de 400 anos de historia, declarada de interese turístico internacional no ano 2014, é a máis prestigiosa de Galicia. Haberá procesións ao longo da cidade e actividades complementarias durante toda a semana, sendo os días grandes desde o Xoves Santo ata o Luns de Chamorro, onde se celebrará unha romaría en honor á patroa da cidade, a Virxe do Nordés.

Se queredes saber máis da celebración da Semana Santa de Ferrol podedes consultar a web https://www.semanasantaferrol.org/

Se o que buscades son as actividades complementarias que podedes facer na cidade, podedes visitar a web oficial de turismo de Ferrol, no seguinte enderezo http://www.visitferrol.com/semana-santa/