Sexta e última etapa do Camiño Inglés dende Cabanas
As persoas que participan no Camiño Inglés que promove o Concello de Cabanas a través das Concellerías de Turismo e de Deportes chegan hoxe ao seu destino.

Ferrolterra e Eume » Cabanas
28 Outubro
08:00
Nesta ocasión, cubrirán a última etapa, entre o polígono do Tambre e Compostela. Percorrerán pois os 5,3 quilómetros que separan ambos puntos.
Dende Cabanas, o Concello pon a disposición das persoas participantes un autocar gratuíto para iniciar a etapa no polígono do Tambre e tamén para regresar a Cabanas dende Santiago.
Galego