Shrek, o musical en Rianxo

Primeira adaptación oficial ao galego, con voces en directo.
Shrek musical escola CODA galego Rianxo
Barbanza-Arousa » Rianxo
19 Novembro
18:00

Os días 11, 12, 18 e 19 de novembro estrearase no Auditorio de Rianxo a primeira adaptación oficial ao galego de Shrek, o musical, a partir das 18:00 h.

O espectáculo está organizado pola Escola de música e danza CODA, coa colaboración do Concello de Rianxo, e o prezo de entrada é de 17 euros, que xa están á venda no Furancho de Rianxo, detrás da igrexa parroquial.

Toda a información do espectáculo na seguinte ligazón.

Información turística do Concello de Rianxo en www.omarfeitotradicion.gal.

Novas do Concello de Rianxo en www.concelloderianxo.gal.

 

O mar feito tradición.

Turismo de Rianxo

Galego