"Somos rúa, facemos arte"

"Somos rúa, facemos arte" é un proxecto de creación artística en directo que mestura manifestacións de artes plásticas, música, danza e performance en espazos públicos do municipio de Carballo
"Somos rúa, facemos arte"
Programa de "Somos rúa, facemos arte"
Costa da Morte » Carballo
17 Novembro

Durante o 17, 18 e 19 de novembro, a Praza do Concello (ou a Biblioteca do Rego da Balsa en caso de climatoloxía adversa) en Carballo transformarase nun museo vivo, onde se ofrecerán unhas xornadas únicas, achegando a arte contemporánea ao espazo urbano e interactuando co público. Somos rúa, facemos arte amosa a creación galega actual na rúa dun xeito lúdico e pedagóxico a través das artes plásticas con Héctor Francesch e Rubén Fernández Castón e as súas pezas de colaboración, da música do conxunto de percusionistas Dúas ou da danza, o performance e o mimo coa Cía Projecto C-F Dance

As persoas interesadas en participar nas pezas de colaboración poden reservar a súa praza no 981 702 077 ou en museo@carballo.gal

Para máis información aquí.

Galego