Terceira etapa do Camiño Inglés dende Cabanas
Continúa o Camiño Inglés a Compostela que promove o Concello de Cabanas a través das Concellerías de Turismo e de Deportes.

Ferrolterra e Eume » Cabanas
07 Outubro
08:00
Nesta ocasión, as persoas que participan na iniciativa cubrirán a terceira etapa, entre Betanzos e San Paio. Percorrerán pois os 18,1 quilómetros que separan ambos puntos nun tempo estimado de catro horas.
Dende Cabanas, o Concello pon a disposición das persoas participantes un autocar gratuíto para iniciar a etapa en Betanzos e tamén para regresar a Cabanas dende San Paio ao remate.
Galego