TOURO A ESCENA: TEATRO

Programación do mes de setembro
TOURO A ESCENA
Terras de Santiago » Touro
04 Setembro a 30 Setembro

Na volta a esta nova normalidade Touro mantén a súa tradicional cita co teatro con TOURO A ESCENA.

Nunha aposta polo público familiar, neste mes de setembro, as cativas e os cativos do Concello (e os que non o son tanto) gozarán dos espectáculos A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ, ROSALÍA, ESTRAFALARIA, CONTOS CON OVOS e SOMOS IGUAIS.

Todos na Área Recreativa Praza do Luar, ben nas Pistas Deportivas ou na Casa da Cultura, onde as actrices e actores farán as ledicias de todas as espectadoras e todos os espectadores.

PROGRAMACIÓN

Venres 4 ás 18 h. A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ. Unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos.

Venres 11 ás 18 h. ROSALÍA. Unha obra de muller por un equipo de mu lleres: Nate Borrajo, Fina Calleja, Rocío González e Cristina Collazo.

Mércores 16 ás 17 h. ESTRAFALARIA. Xarope Tulú coa narración oral a cargo de Atenea García.

Mércores 23 ás 17 h. CONTOS CON OVOS. Os contos de Pablísimo.

Mércores 30 ás 17 h. SOMOS IGUAIS. Contos pola igualdade de Raquel Queizás.

Os espectáculos terán lugar na Praza do Luar de Fonte Díaz. Nas Pistas Deportivas as representacións que se desenvolvan ao exterior e na Casa da Cultura as que precisen dun espazo interior.

A celebración dos espectáculos adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19. O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso aos recintos. Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.

Para máis información www.concellodetouro.com

Galego