TOURO A ESCENA: TEATRO

Programación do mes de outubro
TOURO A ESCENA polo outubro
Terras de Santiago » Touro
02 Outubro a 31 Outubro

En outubro reincidimos con Touro a escena. Un programa especialmente deseñado para un público familiar e a excusa perfecta para gozar en Touro das artes escénicas na nosa lingua.

A celebración dos mesmos adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19 e o uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso aos recintos

Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.

Para asistir a estas actividades é obrigatorio inscribirse no 981 81 4566 ou cultura@concellodetouro.gal

 

PROGRAMACIÓN:

Venres 2 ás 17 h PAKOLAS EN CONCERTO

O proxecto máis persoal de Paco Cerdeira para as cativas e os cativos (e outros)

 

Mércores 7 ás 17 h A RECONQUISTA

Contacontos pola igualdade protagonizado por Antía Yáñez

 

Venres 17 ás 17 h ALQUIMIA

Unha nova e máxica aventura do Mago Teto

 

Sábado 31 ás 19.30 h BRINCA VAI! (DE AQUÍ A ACOLÁ)

Todo un espectáculo musical de Paco Nogueiras

Galego