Touro Nadal


O Concello de Touro organiza unha gran variedade de actividades para estas datas máxicas do Nadal que imbuirá do espírito do Nadal a locais e visitantes.
Durante o mes de decembro, as tardes dos mércores convértense nas Tardes divertidas de Nadal, dúas horas de actividades diversas nas que grandes e pequenos vivirán o ambiente festivo destas datas para dar paso á Gran Festa de Nadal. Trátase dunha xornada na que, entre xogos e bailes, os pequenos recibirán a tan ansiada chegada de Papá Noel.
Sen esquecer que para as mañás de vacacións os máis pequenos contan co Nadal Lúdico, ás portas de noiteboa todo o público poderá gozar da obra de teatro O lobo e a lúa de Baobab Teatro.
A nota musical virá das mans da Banda Isabel II, a Banda Xuvenil e os alumnos e alumnas da Escola de música co xa tradicional Concerto de Nadal , onde tamén se fará a entrega de premios do XIII Concurso de Fotografía Touro en imaxes.
Ao final das vacacións, a Feira e Festival de Reis é todo un festival de agasallos, actuacións musicais e moito máis a carón do Belén vivente.
Mais info na imaxe do cartel!