TURISMO MARIÑEIRO

Na Pobra do Caramiñal cremos no turismo de experiencias: darlle ao visitante a oportunidade de realizar actividades diferentes e vivir en primeira persoa a identidade do destino no que se atopa. Por iso, apostamos polo turismo mariñeiro.
Este mes de agosto, os días 10 e 24, van ter lugar 2 visitas guiadas. Mariscadoras e mariscadores de a pé van facer de guías e explicar en que consiste o seu traballo; e non só iso, os participantes van poder meterse ao mar con eles e elas e aprender a manexar os seus útiles de traballo (rastro, rastrillo, sacho...), a distinguir entre as distintas especies de bivalvos que se colleitan nas nosas augas, a calibrar as tallas mínimas... En definitiva, unha experiencia que non ha deixar indiferente a quen participe.