Turismo mariñeiro

Na Pobra do Caramiñal cremos no turismo de experiencias: darlle ó visitante a oportunidade de realizar actividades diferentes e vivir, en primeira persoa a identidade do destino no que se atopa. Por iso, apostamos polo turismo mariñeiro.
Este venres 19 de xullo ás 12:00 h vai ter lugar unha visita guiada. Mariscadoras e mariscadores de a pé van facer de guías e explicar en que consiste o seu traballo; e non só iso, os participantes van poder meterse ó mar con eles e aprender a manexar os seus útiles de traballo (rastro, angazo, sacho...), a distinguir entre as distintas especies de bivalvos que se collen nas nosas augas, a calibrar as tallas mínimas... En definitiva, unha experiencia que non ha deixar indiferente a quen participe.
Organiza a Concellería de Turismo da Pobra do Caramiñal.