Turismo mariñeiro en Pobra do Caramiñal
Na Pobra do Caramiñal terá lugar unha visita guiada polos mariscadores e mariscadoras da zona o próximo 17 de xullo.

Barbanza-Arousa » A Pobra do Caramiñal
17 Xullo
09:30
O próximo venres 17 de xullo ás 9.30 h vai ter lugar unha visita guiada na Pobra do Caramiñal. Mariscadores e mariscadoras de a pé van ser os encargados de realizar estas guías, explicando en que consiste o seu traballo. Ademais, os e as participantes van a poder meterse ao mar para aprender en primeira persoa a manexar os seus útiles de traballo (como o rastro, o angazo, o sacho…), a distinguir entra as distintas especies de bivalvos que se encontran nas nosas augas ou a calibrar as tallas mínimas. Sen dúbida, unha experiencia que non deixará indiferente.
Organiza a Asociación Mar da Pobra e a Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal.
Galego