Turismo xeolóxico en Cedeira: Xeorutas 2020

En colaboración co Concello de Cedeira están en marcha o programa de rutas xeolóxicas 2020. Trátase de catro rutas guiadas con explicacións xeolóxicas pola Serra da Capelada e unha quinta que transcurre polo entorno do porto de Cedeira.
Ferrolterra e Eume » Cedeira
03 Xullo a 13 Setembro

As persoas que desexen inscribirse pódeno facer a través do blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com ou na páxina web de turismo de Cedeira, turismo.cedeira.gal. Tamén é posbile facelo presencialmente na oficina de turismo de Cedeira ou chamando ao 981 48 21 87. O prazo de inscripción de cada ruta comezará 7 días antes da data de celebración.

As rutas ofertadas son as seguintes:

XEORUTA DO GRANATE

A xeoruta do granate discurre por un pequeno sendeiro de pescadores dende o santuario de San Andrés de Teixido ata a enseada de Cortes, onde se observa unha ampla variedade de rochas moi sorprendentes, tanto pola súa cor como pola súa textura. Tamén un salientable número de esculturas xeolóxicas, que poñen de mainfesto a intensa deformación que afectou a esta rexión fai 350 millóns de anos. E

Esta ruta xeológica permitirá descubrir unha das zonas máis descoñecidas do litoral de Cedeira.

Idade mínima: 16 anos

Duración: 6 h

Distancia: 5 km

Dificultade: alta

Punto de saída: San Andrés de Teixido (ou na oficina de turismo de Cedeira media hora antes)

Número máx. participantes: 15 pax

XEORUTA DOS CANTÍS

Con esta Xeoruta contemplaranse unhas impresionantes vistas panorámicas da Serra da Capelada, descubrindo así unha importante estructura xeolóxica de máis de 400 m de altitude. Así mesmo poderanse tocar rochas que fai millóns de anos se atopaban a 70 km de profundidade ou no fondo dun antiguo océano, que posteriormente foron intensamente deformadas pola colisión de dous supercontinentes, Laurusia y Gondwana, fai 350 millones de años.

Idade mínima: 6 anos

Duración: 4 h

Distancia: 5 km

Dificultade: baixa

Punto de saídda: Chao do Monte (ou na oficina de turismo de Cedeira media hora antes)

Número máx. participantes: 20 pax

XEORUTA DAS PRAIAS NEGRAS

Esta ruta xeolóxica permite coñecer a que está considerada como a única praia de area negra non volcánica do noso planeta. O emplazamento desta praia de Teixidelo, ao pés dos cantís máis altos da Europa Continental, fan desta zona un lugar de paisaxes increíbles e cheo de contrastes. Ao longo da ruta tamén poderán observar a cascada ou a faia de Teixidelo, unha estructura xeolóxica que discorre por un fermoso vale de orixe glaciar, o que evidencia que o clia no pasado foi moito máis frío.

 

Idad mínima: 16 años

Duración: 7 h

Distancia: 4,5 km

Dificultade: alta

Punto de saída: Cruceiro de Teixidelo (ou na oficina de turismo de Cedeira media hora antes)

Número máx. participantes: 15 pax

XEORUTA DEL CROMOç

Nesta xeoruta recorreranse os cantís máis elevados da Europa Continental, unha vista privilexiada para contemplar o litoral entre Teixido e a Punta do Cadro. Unha zona que xeolóxicamente destaca pola presenza de rochas moi pouco habituáis na superficie do noso planeta e que asociadas a elas foron descubertas acumulacións de mineráis de cromo e platino. Pero esta visita guiada permite observar tamén a presenza dunha salientable faia que corta toda a Serra da Capelada.

 

Idade mínima: 6 anos

Duración: 4 h.

Distancia: 6 km

Dificultade: media

Punto de saída: Cruceiro de Teixidelo (ou na oficina de turismo de Cedeira media hora antes)

Número máx. participantes: 20 pax

XEORUTA DO LITORAL

Este paseo xeolóxico polo entorno do porto de Cedeira lévanos a coñecer lugares cun salientable patrimonio xeolóxico e a mesma problemática que sofre a praia da Magdalena. A deformación de rochas e a xeomorfoloxía marina e fluvial serán os temas principáis desta xeoruta. Pero tamén haberá tempo para visitar o xacemento arqueolóxico de Punta Sarridal, emplazado nunha zona desde ónde se pode observar toda a ría de Cedeira.

Idade mínima: 6 anos

Duración: 3,5 horas

Distancia: 5,8 km

Dificultade: baixa

Punto de saída: oficina de turismo

Número máx. participantes: 20 pax

Galego