UN "NUNCA MÁIS" CONTADO POLAS FILLAS DE MANFRED

O MUSEO MAN de Camelle acolle, dende o 27 de xullo ata o 29 de setembro a exposición Un "Nunca Máis" contado polas fillas de Manfred. Dita exposición xira en torno á traxedia do Prestige e tamén sobre a figura de Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle.
A exposición está promovida pola asociación Unha Gran Burla Negra, colectivo que recompilou pezas artísticas, poemas, imaxes, músicas, textos e intervencións, anónimas ou non, que desbordaron rúas e medios durante os meses nos que se estendeu a catástrofe do Prestige.
O obxectivo desta mostra según a súa comisaria, María Bella, é “facer memoria, celebrar o empoderamento colectivo e a unión lograda naquela época entre persoas de diferentes lugares, e recuperar esta conciencia para aplicala no presente e imaxinar o futuro que queremos nun tempo no que a cuestión medioambiental está moi vixente”.
Para máis información: https://www.facebook.com/MUSEO-MAN-Camelle-803636693031184/