V "Cita Coa Historia das Pontes" de García Rodríguez

A V "Cita coa Historia das Pontes" terá lugar os días 14, 15 e 16 de setembro de 2018 no casco histórico de As Pontes de García Rodríguez
CARTAZ V CITA COA HISTORIA DAS PONTES
CARTAZ V CITA COA HISTORIA DAS PONTES (CONCERTOS)
Ferrolterra e Eume » As Pontes de García Rodríguez
14 Setembro a 16 Setembro

Visitantes e veciños poden desfrutar dunha das maiores recreacións históricas de distintas épocas; grupos de tribos castrexas, a invasión das tropas romanas, invasións de hordas bárbaras na alta idade media e mesmo soldados de García Rodríguez de Valcárcel; O nobre o que Henrique II de Castela concedeu o señorío de “Puentes de Hume” en 1376 por rescatalo da cárcere tras a batalla de Nájera.

Esta nova edición xirará en torno á Romanización de Galicia, traendo ás rúas pontesas diferentes espectáculos de recreación histórica, actividades para nenos e maiores, concertos, pasarúas, teatro, cetrería, artesanía en vivo e moitas máis sorpresas.

Achégate a coñecer a nosa vila e a nosa historia!

Toda a información e programa aquí.

Galego