V Edición do Concurso de Fotografía Móbil ”Enfoques do Allo”

Período de participación: dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto
Costa da Morte » Zas
15 Xullo a 31 Agosto

O 1 de xullo arrincou a V Edición do Concurso de Fotografía Móbil ”Enfoques do Allo”, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Zas xunto coa Deputación da Coruña, que ten como obxectivo principal promocionar o pazo máis antigo de Galicia e a súa contorna.

A participación no concurso é de balde e non require de inscrición previa, simplemente é preciso facer unha ou varias fotografías do interior ou dos exteriores das Torres do Allo, acompañadas dun título, e enviala ao enderezo: enfoques@torresdoallo.gal entre o 1 de xullo e o 31 de agosto de 2021.

Establecéronse tres categorías de premios outorgados polo Concello:

1º premio 100€

2º premio 75€ 

3º premio 50€

E dous premios patrocinados por Juan Fuentes, Fotógrafo de Baio:

4º premio: impresión de 30 fotografías

5º premio: impresión de 30 fotografías

As bases de “Enfoques do Allo” pódense consultar aquí

 

Galego