V Edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay

Un ano máis, o Concello de Carballo organiza o Carballo Interplay (CIP), un festival de contidos dixitais, que continúa sendo un evento pioneiro por ser a primeira competición de webseries celebrada en España
V Edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay
Programación da V Edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay
Costa da Morte » Carballo
04 Abril a 07 Abril

Do 4 ao 7 de abrilCarballo acollerá o mellor do audiovisual actual cunhas xornadas cheas de contidos que van máis alá da ficción seriada e buscan explorar as posibilidades de Internet como medio para a narración, o humor máis transgresor, a non ficción, a cultura dixital, o patrimonio audiovisual dixital ou a performance interactiva, sempre co vídeo como base. O mércores 4 ábrese o festival coa proxección da serie Kamikaze, elaborada durante os dous días anteriores no Campamento Kamikaze. A programación do CIP, ademais das proxeccións da sección oficial, ofrece obradoiros para adultos e crianzas, estreas, conferencias, encontros profesionais, e mesmo sesión vermú e concertos.

Todas as actividades son de acceso libre e gratuíto ata completar aforo, agás os obradoiros e as actividades profesionais, que requiren inscrición previa.

Máis información aquí.

 

Galego