V Festa da Filloa de Zas

Organizada pola AAVV Barolo en colaboración co Concello de Zas
Costa da Morte » Zas
16 Marzo
Polideportivo de Zas
21:30

O 16 de marzo terá lugar unha nova edición da Festa da Filloa de Zas. Neste evento que se celebra no polideportivo municipal de Zas, poderase degustar un menú a base de cocido de grelos e carne de porco e chourizo, filloa de Zas, postre e bebidas. O custe é de 20 euros, sendo gratis para os menores de 12 anos.

O evento tamén contará coas actuacións de Sindo Dourado, Cantareiros de Taberna e o Dúo Charada. Os máis cativos tamén contarán cunha zona de diversión con inchables gratis.

Os interesados en asistir poden comprar as súas entradas no Bar Tívoli ou no Bar Tabares. As entradas tamén poden ser retiradas a través dos números de teléfono 606 889 707, 629 807 928, 677 115 411 ou no 680 654 034.

Apunta as datas e reserva a túa entrada!