V Xornadas Micolóxicas de Zas

A Asociación de Veciños de Loroño en colaboración co concello de Zas e o restaurante Tívoli celebra o próximo sábado 17 de novembro as V Xornadas Micolóxicas de Zas
Costa da Morte » Zas
17 Novembro
09:30

Os actos da xornada micolóxica comezarán as 9:30 horas cunha charla inicial sobre cogumelos a cargo de Martín Souto Souto. O remate da mesma, sobre as 10:00 horas, será a saída o campo para a recolección de exemplares, sendo a volta ás 13:30.

Ás 14:00 horas haberá unha comida a base de cogumelos e ás 16:00 a presentación e identificación dos exemplares recollidos e comentarios sobre a saída no propio restaurante.

A hora de finalización da xornada será sobre as 17:30 horas.

O prezo da xornada é de 7€, sendo gratuita para os nenos ata 15 anos.

Para participar nas xornadas é obrigatorio confirmar asistencia nos teléfonos 606 889 707 e 677 115 411.

A asistencia a degustación é opcional (cun prezo de 12€) e o menú é o seguinte:

- Risoto de cogumelos

- Revolto de cogumelos

- Carne asada con boletus

- Pan, bebida e café.

As prazas son limitadas

Galego