Verán cultural en Dombate

O Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños, acollerá este verán 2020 numerosas actividades culturais.
Costa da Morte » Cabana de Bergantiños
01 Xullo a 31 Agosto

O Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate será o epicentro das actividades culturais en xullo e agosto en Cabana de Bergantiños. O programa artellado pola Deputación da Coruña e o Concello de Cabana inclúe propostas lúdicas e divulgativas adaptadas á prevención e seguridade precisa ante a Covid-19. A continuación, resumimos o programa previsto:

  • Visitas teatralizadas cos Quinquilláns: sábados de xullo e agosto ás 18.00 e 19.30 h
  • Visitas nocturnas: 10 - 24 xullo e 8 - 21 de agosto ás 23 h
  • Obradoiros de Prehistoria con Galipat: 4 e 5 de xullo ás 11.00 e ás 12.30 h
  • Noites de estrelas con Jorge Mira: 12,13, 14 de agosto ás 23.00 h
  • Arqueociclismo: 12 e 26 de xullo e 9 e 23 de agosto con saída ás 11.00 h
  • Mediodías musicais: 5 e 19 de xullo e 2,16 e 30 de agosto
  • Música na catedral: 17 e 31 de xullo e 7 e 28 de agosto
  • Presentación de O Santuario do Briño de Félix Neira
  • Roteiro literario por Borneiro

Nos carteis atopará a programación completa de xullo e agosto.

Todas as actividades son gratuítas. Para as actividades nas que é preciso inscribirse previamente os interesados deben enviar un correo a dombate2020@gmail.com indicando nome e teléfono de contacto. O resto de actividades terán control de accesos por orde de chegada ata completar o aforo.

Mais información en: http://www.concello-cabana.es/es/novas

Galego