VI Ruta de Tapas “Que rico estás Boqueixón”

Chega a VI Ruta de Tapas "Que rico estás Boqueixón". Neste certame, coa degustación dunha tapa nun local participante, as persoas terán dereito ó selo identificador do establecemento, co que se cuñará na casiña correspondente a ese local, no mapa que se inclúe na cartilla de participación.
Os participantes poden votar á "Mellor tapa de Boqueixón" escribindo o nome da mesma e do establecemento no apartado correspondente, sendo necesario ter seladas as casiñas da cartilla de participación para que se teña en conta ese voto.
Haberá sorteos para as persoas participantes, nos seguintes términos:
É preciso ter un mínimo de 9 selos dos establecementos de cara a:
- Sorteos de 5 botellas Magnum cortesía de Bodega Pazo do Mar
- Sorteos de 4 estoxos de botellas de Bodegas Lodeiros
- 2 sorteos de 50 euros en efectivo
É preciso ter os 11 selos dos establecementos para:
-Sorteo de 100 euros en efectivo
-Vale de 120 euros para trocar por cea/comida
As cartillas de participación deberán depositarse, unha vez cubertas e seladas, nas urnas que estarán dispoñibles en cada establecemento. Rematado o calendario da ruta procederase a verificar o estado e veracidade das cartillas e a realizar os sorteos (retiraranse cartillas rachadas, con emendas ou que non cumpren requisitos de nº de selos mínimos).