VII mostra de promoción local Víndemo Ver no Concello de Carnota

Chega a VII edición do Víndemo Ver carnotán cargado de actividades
Costa da Morte » Carnota
29 Marzo a 01 Abril

O Concello de Carnota celebra a VII edición do "Víndemo Ver" esta Semana Santa. Os visitantes atoparán neste evento unha gran variedade de produtos do agro, mel, marmeladas, xabóns, cervexa, animais de curral, plantas ornamentais, etc.Todo isto complementado cun amplo abanico de postos de artesanía de creadores locais, onde se poden adquirir pezas únicas de cerámica,cartón pedra, vidro, madeira e ata xoiería de autor.

Esta VII edición do "Víndemo Ver" recolle ademais unha ampla variedade de actividades deportivas e culturais como: unha andaina polo museo arqueolóxico aberto, a VII Ruta BTT, a VI Carreira Vikinga, un obradoiro de reciclaxe, o programa "Faite oir" para infancia e adolescencia, un obradoiro de papiroflexia, maxia co Mago Antón, etc todo amenizado con grandes actuacións musicais como Caxade.

Galego