Víndemo Ver | VIII Mostra de Promoción Local de Carnota

Do 18 ao 21 de abril, Víndemo Ver converterá Carnota nun dos principais focos de atracción da Costa da Morte.
Cartel Víndemo Ver 2019
Tríptico back
Costa da Morte » Carnota
18 Abril a 21 Abril

Víndemo VerVIII Mostra de Promoción Local de Carnota (entre o 18 e o 21 de abril), é unha iniciativa municipal que persegue o obxectivo de dinamizar os diversos sectores económicos e promover os recursos endóxenos, a través da diversificación e a promoción do local. 

Víndemo Ver é cultura, tradición, historia, música, gastronomía, deporte, natureza e gastronomía.

Organizado polo Concello de Carnota, durante 4 días os/as visitantes atoparán neste evento unha gran variedade de artesanía, produto da horta e de proximidade e gastronomía; todo isto complementado cunha ampla oferta de actividades culturais, lúdicas e deportivas para todas as idades.

Nas inmediacións da Praza de San Gregorio, a Mostra artéllase en carpas: unha dedicada á artesanía, outra dedicada a produtos do agro, ecolóxicos e de proximidade e a terceira -e nova nesta edición-, dedicada á gastronomía, na que haberá demostracións e degustación das apostas culinarias de recoñecidos/as cociñeiros/as e chefs dos restaurantes da nosa zona (Carnota e concellos da Ría da Estrela Muros-Noia), e doutros puntos de Galicia.

Outro dos eixos principais do Víndemo Ver xira entorno aos eventos deportivos: a VIII Ruta BTT e a VII Trail Viquinga do Concello de Carnota. Tamén a música, con actuacións de grupos tradicionais de mañá e tarde e concertos á noite.

Poden consultar a programación completa na seguinte ligazón

Poden consultar a programación completa aquí, e o vídeo nesta canle.

Víndemo Ver é Cultura, Tradición, Historia, Música, Deporte, Natureza e Gastronomía!

 

Galego