Visita aberta ás escavacións do castro das Barreiras

O gran castro do val de Vimianzo está a desvelar os seus segredos agochados baixo a terra. O equipo de investigación, dirixido polo arqueólogo Ángel Concheiro, explica a fortificación.
Costa da Morte » Vimianzo
12 Abril
17:00

Algunha vez viches unha escavación arqueolóxica en vivo?

Os propios arqueólogos explican o seu traballo nas Barreiras, o gran castro do val de Vimianzo. 
Este xoves 12 de abril ás 17 horas (horario laboral, xa que visitas as propias obras), terás unha cita cos seus arqueólogos. Unha oportunidade única para desvelar a súa historia!

Para iso é preciso  inscribirse previamente a través do correo electrónico: turismo@vimianzo.gal ou ben chamando ó 981 716 001 (en horario de mañá).

Máis información aquí

Galego