Visita ao patrimonio natural, etnográfico e arqueolóxico do concello de Zas

Dentro da programación da Semana Cultural organizada polo Concello de Zas está a realización dun roteiro polo patrimonio natural, etnográfico e arqueolóxico do concello. Dita ruta estará guiada por Xosé María Lema Suárez, gran coñecedor da historia do concello.
O roteiro terá lugar o martes 30 de xullo. A saída será ás 15:30 horas en autobús dende o Centro Sociocultural de Zas para desprazarnos ata a Carballeira de Baio. Aquí comezará a visita que pasará por lugares tan fermosos e cheos de historia como os muíños e presa de Su Agra, Ponte Lodoso, a área recreativa de Pedra Vixía, o dolmen de Pedra Moura de Pedra Vixía, dende aquí un autobús levaranos ata o último punto a visitar, as Torres do Allo e o seu entorno.
Para participar no roteiro é necesario anotarse previamente a través do número de teléfono 981 751 398. A inscrición é de balde.
Aconséllase levar auga e roupa e calzado axeitado.