Visita ao Porto de Cereixo, unha xoia medieval
Visita á fermosa aldea do Porto de Cereixo, unha xoia medieval na boca da ría

Costa da Morte » Vimianzo
21 Xullo
11:30
Atacado por piratas, a vila do Porto de Cereixo foi repoboada por orde do rei Afonso IX, quen visitou despois o resultado da reconstrución. O tempo detívose neste lugar coa súa magnífica igrexa románica, o pazo das Torres, o muíño de mareas, o cabazo de Vila Purificación ou a fermosa arquitectura da aldea.
Nesta narrativa, o sábado 21 de xullo as 11:30h, o Porto de Cereixo oferta unha visita guiada para todos os públicos.
Anótate e coñece estes recunchos máxicos aquí.
Galego