Visita teatralizada no Castelo de Vimianzo

Visitas teatralizadas no castelo de Vimianzo os domingos de xullo e agosto
Costa da Morte » Vimianzo
01 Xullo a 26 Agosto
Castelo de Vimianzo

Dous criados, ROI e ELVIRA, foron condenados a contar as súas aventuras a toda a xente despois de ser acusados polo Conde de Altamira. A historia do castelo e da familia, a loita dos irmandiños, as guerras cos outros nobres e a vida medieval e da vila en xeral reflectidas na memoria de dous criados.

"Os Quinquilláns" contan de esta forma, amena e divertida, a historia do castelo de Vimianzo.

HORARIO:

Domingos de xullo e agosto (ás 13 e 17 horas).