Visitas guiadas ao casco histórico de Corcubión

O Concello de Corcubión continuará a realizar as visitas guiadas polo casco histórico durante o mes de setembro
Costa da Morte » Corcubión
01 Setembro a 30 Setembro

Tras a boa acollida desta iniciativa durante o mes de agosto, o Concello de Corcubión seguirá a ofrecer visitas guiadas gratuitas polo seu casco histórico durante o mes de setembro.

Anímache, se queres coñecer a vila de Corcubión, a realizar algunha destas visitas e descubrir algunha das súas lendas, feitos históricos e outras curiosidades e recunchos. Para iso só terás que inscribirse na Oficina de Turismo da vila de forma presencial, vía telefónica ou por correo electrónico.

Realizaranse visitas guiadas nos seguintes horarios:

* Xoves e sábados ás 12:00h.

Será imprescindible contar cun mínimo de 4 persoas para a realización das visitas e os grupos serán de máximo 20, por orde de inscrición.

Inscrición obrigatoria en:

Oficina de Turismo de Corcubión

Peirao s/n - 15130 (Corcubión)

981 706 163

turismocorcubion@gmail.com 

Galego