Visitas guiadas en Corcubión

Outro verán máis o Concello de Corcubión ofrece visitas guiadas gratuítas ao seu conxunto histórico.
Costa da Morte » Corcubión
22 Xullo a 29 Agosto

O Concello de Corcubión, a través da Oficina de Información Turística, volve ofrecer este verán visitas guiadas ao conxunto histórico da vila.

O obxectivo destas visitas é coñecer os lugares máis importantes e contar aqueles acontecementos e lendas que xustifican a importancia que Corcubión tivo no pasado.

O horario desta actividade gratuíta será o seguinte:

- Mércores, xoves e sábados ás 19:30h,  dende o 22 de xullo ata o 29 de agosto, ambos incluídos.

- Punto de partida: Oficina de Información Turística, situada no porto (Peirao s/n).

Os grupos serán de máximo 15 persoas, por orde de inscrición.

Será obrigatorio o uso de máscara durante as visitas.

A inscrición poderase facer a través de correo electrónico ou por teléfono:

turismocorcubion@gmail.com

638 95 28 16

 

Galego