Visitas nocturnas aos xacementos petróglifos

O Concello de Vilarmaior conta con gran número de petróglifos, tal e como recolle o artigo " Novos gravados rupestres nas parroquias de Torres e Vilamateo - Concello de Vilarmaior-(I)" publicado polo grupo de arqueoloxía Terra de Trasancos, un total de setenta e oito paneis, converten sen dúbida ao Concello de Vilarmaior nun referente da arte rupestre galega, máxime se temos en conta que esta incesante aparición de gravados encóntrase nun espazo aproximado de apenas 250 hectáreas.
O Concello de Vilarmaior ofrece visitas guiadas aos petroglifos achados nas parroquias de San Xurxo de Torres e San Pedro de Vilarmaior. Estas visitas contan ca colaboración da Fundación L. Monteagudo.
A vindeira visita celebrarase o sábado, 30 de setembro. A saida será ás 21.00 h dende o concello. É aconsellable calzado cómodo e linterna.
Información e Inscripcións no Concello en horario de 09.00 h a 14.30 h, no 981781709 ou correo@vilarmaior.es.