Visitas seguras con "Muros, vila de auga e sal".

#VisitasSeguras con “Muros, Vila de Auga e Sal”, perfectas para un setembro cultural.
"Muros, Vila de Auga e Sal" ofréceche a posibilidade de coñecer e interpretar un dos pobos mellor conservados da costa galega, a través dunha visita guiada que, de diferentes maneiras, trasládache á Idade Media e tráeche á actualidade.
Un paseo desde a Virxe do Camiño, histórico repouso dos peregrinos que chegaban por mar, pasando polo monumento ás mulleres do mar ata a antiga Colexiata na zona alta, onde percorrerás a súa exposición permanente, contemplarás elementos únicos como a SERPE na pía, coñecerás ao GREMIO DO MAR e disfrutarás desde a torre miradoiro dunha das mellores vistas de Muros.
A visita finaliza no Centro de Interpretación, onde a SARDIÑA e a salgadura son protagonistas. Un vídeo proxectado sobre as paredes pon o broche de ouro para que a auga e o sal de Muros permanezan no teu recordo para sempre.