Visitas teatralizadas ao pazo das Torres do Allo
Volven as visitas teatralizadas ó pazo máis antigo de Galicia. Victor López-Seoane e Francisca de Riobóo farán un percorrido polo pazo das Torres do Allo explicando a súa forma de vida e as curiosidades do día a día. Non perdas esta experiencia e achégate a Zas!

Costa da Morte » Zas
30 Marzo a 31 Marzo
O venres día 30 e o sábado día 31 de marzo as 19:00 horas, achégate a coñecer a historia do pazo máis antigo de Galicia dun xeito diferente, posto que regresan as visitas teatralizadas ó pazo das Torres do Allo a cargo da compañía Os Quinquilláns. Víctor López-Seoane e Francisca de Riobóo farán un percorrido polo marabilloso pazo mostrándonos o seu modo de vida e as particularidades do seu día a día.
Tamén continúa o xogo de pistas "Os segredos ocultos nas torres", que se pode realizar durante o horario de apertura , unha actividade gratuíta para goce de nenos e maiores. Non o perdas e achégate a Zas nesta Semana Santa.
Galego