Visitas teatralizadas nas Torres do Allo

Esta Semana Santa volven as visitas teatralizadas as Torres do Allo
Costa da Morte » Zas
19 Abril a 20 Abril

O venres 19 e o sábado 20 ás 19:00 horas podes acercarte a coñecer a historia do pazo máis antigo de Galicia dunha forma diferente xa que volven as visitas teatralizadas ás Torres do Allo, a cargo de Os Quinquilláns. Victor López Seoane e Francisca de Riobóo farán un recorrido polo pazo mostrando o seu modo de vida e as particularidades do seu día a día.

Galego