Visitas teatralizadas nas Torres do Allo

Todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30 horas
Costa da Morte » Zas
05 Xullo a 30 Agosto
19:30

O Concello de Zas, a través da Concellaría de Cultura, continúa coa  súa aposta pola divulgación do Patrimonio cunha nova edición das visitas teatralizadas nas Torres do Allo.

Francisca de Riobóo e Víctor López Seoane percorrerán de novo o pazo das Torres do Allo, interpretados por Tero Rodríguez e Lucho Penabade integrantes dos Quinquilláns, todos os domingos de xullo e agosto, ás 19:30. Esta é unha actividade recomendada para todos os públicos. 

O acceso é libre e de balde.

Galego